O que naceu nun instituto público da Coruña... xa é un fenómeno que cruza fronteiras: o Festival #AquíTaménSeFala celebra a súa 3ª edición hoxe venres 12 de xuño na Praza da Tolerancia e dá o salto internacional coa incorporación de Carolina Deslandes, unha das artistas máis importantes da música de Portugal.
Xunto a ela subirán tres ramos da escena galega: Apolo 18, Kid Mount e De Ninghures. Tres alfaias que representan toda a forza, todo o dinamismo e todo o xenio creativo que atravesa o noso país.
Pero isto vai moito máis alá da música... e non só porque este sexa o único festival profesional de Europa promovido desde un instituto, senón porque ATSF é, por méritos da mocidade, o maior movemento de dinamización lingüística do país exercido activamente por máis de 25.000 rapaces e rapazas.
Os que puxeron a falar galego a Viggo Mortensen. As que empurraron o cambio do topónimo do Deportivo. Os que gravaron os Rapants ou Grande Amore. As que colaron máis de 50.000 cartaces por todo o país. As que estudan en máis de 300 centros de ensino que empurran isto.
Un movemento que está escribindo a historia e que meteu na praza da tolerancia a 5000 persoas en cada edición.
Un ano máis celebramos o Día Das Letras Galegas. Este ano na Coruña actuará Xabier Díaz, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional coruñés que formou parte de Rumbadeira, Nova Galega de Danza, aCadaCanto e Berroguetto. Deixámosvos cunha das súas cancións acompañadas polas Adufeiras de Salitre. Esta tarde-noite actuará no Campo da Leña, en A Coruña.
No Día das Letras Galegas 2016, traemos á nosa cantante mais internacional cantando en galego unha canción tradicional "CAMARIÑAS" con Luar da Lubre e Rosa Cedrón. Disfrutade!
Video "CAMARIÑAS" Luz & Luar na Lubre en concerto:
Outro 17 de Maio. Outro Día das Letras Galegas. Este ano adicado ao poeta Lois Pereiro. Nos, outro ano máis escoitamos música en galego con Manu Clavijo musicando precisamente un poema de Lois, "Canción última".
Un ano máis, celebrase o día 17 de Maio, o Día das Letras Galegas, adicado este ano ao escritor Uxío Novoneyra. Para celebralo, neste ano de Xacobeo, escoitamos hoxe un tema do grupo coruñés Luar Na Lubre, na etapa na que tiñan como cantante a Rosa Cedrón. A canción "Chove en Santiago". Disfrutade.