O que naceu nun instituto público da Coruña... xa é un fenómeno que cruza fronteiras: o Festival #AquíTaménSeFala celebra a súa 3ª edición hoxe venres 12 de xuño na Praza da Tolerancia e dá o salto internacional coa incorporación de Carolina Deslandes, unha das artistas máis importantes da música de Portugal.
Xunto a ela subirán tres ramos da escena galega: Apolo 18, Kid Mount e De Ninghures. Tres alfaias que representan toda a forza, todo o dinamismo e todo o xenio creativo que atravesa o noso país.
Pero isto vai moito máis alá da música... e non só porque este sexa o único festival profesional de Europa promovido desde un instituto, senón porque ATSF é, por méritos da mocidade, o maior movemento de dinamización lingüística do país exercido activamente por máis de 25.000 rapaces e rapazas.
Os que puxeron a falar galego a Viggo Mortensen. As que empurraron o cambio do topónimo do Deportivo. Os que gravaron os Rapants ou Grande Amore. As que colaron máis de 50.000 cartaces por todo o país. As que estudan en máis de 300 centros de ensino que empurran isto.
Un movemento que está escribindo a historia e que meteu na praza da tolerancia a 5000 persoas en cada edición.

No hay comentarios:
Publicar un comentario